Tuesday 21 de May de 2024

O Concello de Boqueixón abre o prazo para o programa de conciliación ‘Semana Activa’


Dirixido a cativos e cativas de Educación Infantil e Primaria, desenvolverase os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril

O prazo de inscricións remata o día 21

O Concello de Boqueixón vén de abrir o prazo de inscricións para o programa de conciliación familiar Semana Activa. As propostas de lecer están dirixidas a nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria a través de diverso tipo de actividades que se desenvolverán nas instalacións de O Forte.

O programa de conciliación desenvolverase os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril, cubrindo, deste xeito, o período non lectivo da Semana Santa. O horario será de 09.00 a 14.00 horas, con posibilidade de amplialo por conciliación. O custo da Semana Activa é de 10 euros e requírese un grupo mínimo para a súa realización.

As inscricións deberanse formalizar no Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón antes do día 21 de marzo ou a través do correo electrónico cultura@boqueixon.com. Para ampliar información, pódese tamén chamar ao teléfono 981 513 115.